Iclas - Instituto de Culturas Lusófonas
Antonio Borges Sampaio


30-09-2014

Real Academia Galega: Nélida Piñón, escritora brasileira, e imortal da Academia


Inicio Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma
Daniel Rodríguez Castelao

Volver ao contido

Ingreso de Nélida Piñón

27/09/14| Actualidade: Novas |

ImprimirIngreso de Nélida Piñón

No seu discurso, a nova académica de honra salientou a importancia da memoria familiar e da histórica na construción do seu imaxinario narrativo. A resposta, en nome da Academia, correspondeulle a Ramón Villares.

Nélida Piñón.


Nélida Piñón.

O acto, que tivo lugar na Academia, contou coa asistencia, entre outros, do seu presidente, Xesús Alonso Montero; do secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Jesús Oitavén; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; do presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, Xosé Antonio García Caridad; do conselleiro do Consello Consultivo de Galicia, Gonzalo de la Huerga; da vicerreitora de estudantes do Campus de Lugo (USC), M.ª Xosé Martínez López; da vicedecana da Facultade de Filoloxía e Tradución da Univesidade de Vigo, María Teresa Bermúdez Montes; da profesora do Departamento de Galego-Portugués da UDC, Leticia Eirín García. do alcalde de Cotobade, Jorge Cubela; do presidente do Pen Clube, Luís González Tosar; do presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez e do escritor Francisco Xosé Fernández Naval.

O discurso fúnebre de Pericles e os relatos do avó Daniel ao pé da lareira ostentan unha xerarquía semellante no altar literario de Nélida Piñón, quen atopou na experiencia da emigración, coñecida en segunda persoa a partir do relato dos seus pais, emigrantes galegos no Brasil de primeiros de século, un tema preferente na súa escrita, que había cristalizar en 1984 coa publicación d´A República dos Soños.

A nova académica literaria centrou boa parte do seu discurso de ingreso, titulado A épica do corazâo,  na descrición do seu proceso de descuberta e coñecemento de Galicia e, nomeadamente, do concello natal dos seus pais, Cotobade (Pontevedra). O contacto con esta realidade e as súas xentes dotouna dun novo horizonte literario:  "obrigando-me moralmente a lhes atribuir uma vida romancesca com o propósito de resgatá-los da obscuridade em que viveram".

No seu discurso de resposta, o membro de número da Academia, Ramón Villares, logo de definir a Nélida Piñón como unha escritora "transcontinental" que soubo trenzar na súa escrita as dúas beiras do Atlántico, describiu A República dos Soños como unha epopea migratoria que contribuiu a resituar a importancia da emigración na conformación da identidade brasileira.

O discurso de Nélida Piñón pódese descargar aquí. [PDF 0.7Mb]

Para acceder a unha galería de imaxes deste acto, podes consultar Actualidade - Fotogalerías - Real Academia Galega

 

 

 

 

 

 

Actualidade - Fotogalerías - Real Academia Galega

Nas fotogalerías recóllense as fotografías dos actos que organiza a Academia.

 

View on www.realacademiagalega.org

Preview by Yahoo

 

 

 

http://www.realacademiagalega.org/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/ingreso-de-nelida-pinon?redirect=http%3A%2F%2Fwww.realacademiagalega.org%2Fnovas%2F-%2Fasset_publisher%2FE4jf%2Fcontent%2Fingreso-de-nelida-pinon%3F_101_INSTANCE_E4jf_redirect%3Dhttp%3A%2F%2Fwww.realacademiagalega.org%2Fnovas%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_E4jf%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_count%3D3