Iclas - Instituto de Culturas Lusófonas
Antonio Borges Sampaio


10-04-2022

IES XUNTOU OS DA REAL ACADEMIA E ASSOCIAÇOM GALEGA DA LINGUA PARA DEBATER SOBRE O GALEGO E A LUSOFONÍA



Inline image
Inline image
 

• Un grupo de cincuenta alumnos de 1º e 2º de Bacharelato asistiron á actividade

• O coloquio foi organizado polo equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto

O IES de Valga foi escenario este mediodía dun debate entre os presidentes da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, e da Associaçom Galega da Lingua (AGAL), Eduardo Maragoto, que intercambiaron opinións sobre o futuro do galego na Lusofonía ante un grupo duns 50 alumnos de 1º e 2º do Bacharelato.

A actividade foi organizada polo equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto e o seu responsable, Raúl Gómez, exerceu como presentador e moderador do coloquio. O mestre referiuse á RAG e á AGAL como “dúas das institucións lingüísticas máis importantes do país”.

Despois dunha breve introdución sobre a historia destes organismos o os momentos históricos que os propiciaron, Freixanes e Maragoto deron a súa visión sobre o concepto de Lusofonía. O escritor pontevedrés mostrouse partidario de ter en conta a Lusofonía, mais queixouse da pouca atención que recibe Galicia nese mundo. Entre tanto, Maragoto fixo un repaso pla historia da lingua portuguesa e da propia Lusofonía, para acabar reivindicando a pertenza de Galicia a ese espacio.

Acto seguido, os dous presidentes debatiron sobre a unidade da lingua. Para Freixanes, a solución non pasa nin por integrarse no castelán nin no portugués. Sen embargo, Eduardo Maragoto opinou que a converxencia co portugués é a mellor forma de protexer o léxico galego.

Pódese ver o debate enteiro no seguinte link: https://www.facebook.com/watch/live/?ref=watch_permalink&v=276015381396149

 

   

IES de Valga on Facebook Watch

IES de Valga was live.